Día Internacional da Muller
O Concello organiza varias actividades
conmemorativas
Infogauda / A Guarda
A Guarda vai conmemorar neste 2020 o Día
Internacional da Muller con diversas actividades nas que se inclúen un
programa de Cinema da Muller con 3 proxeccións, un obradoiro de biodanza e unha
concentración reivindicativa.
Programa de Cinema da Muller
O Centro Cultural da vila será
o escenario para as tres proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 6
de marzo, 20 de marzo e 3 de abril. Cada unha delas contará cunha charla
coloquio previa ás 20:00 horas, e ás proxeccións comezarán ás 21:00h.
O venres día 6 de
marzo de 2020 proxectaráse “Unha moza volta para casa soa de noite”, de Ana Lily
Amirpour.
Ana Lily Amirpour
(1976) arrasa nos festivais internacionais co seu primeiro traballo, sendo
gañadora do Festival de Sitges no 2014 na sección oficial co galardón á mellor
largometraxe. Nos Premios Gotham gaña tamén o premio á mellor directora novel,
e é nominada en tres categorías nese
mesmo ano aos Premios Independent Spirit, así como no Circulo de Críticos de
San Francisco coa mellor película de fala non inglesa.
Baseada na
curtametraxe homónima de 2011, a directora filma a súa ópera prima no sur de
California ainda que a ambienta na ficticia cidade iraní “Bad City”, unha urbe deserta. Nela amósanse
as andanzas cara ningunha parte dun reducido núcleo de personaxes, conectados
pola misteriosa presenza nocturna dunha rapaza de aspecto inocente e cabeiros
retráctiles.
O venres día 20 de
Marzo de 2020 proxectarase “As Lindas”, de Melisa Liebenthal.
“As Lindas” é un documental dirixido pola novísima Melisa
Liebenthal (Bos Aires, 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa
premiada na sección Bright Future do Festival
Internacional de Cinema de Rotterdam, e na terceira
edición Asterisco, do Festival Internacional de
Cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na
competencia arxentina.
¿Que é belo e que non
o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental
de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a
ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer
cales foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron.
Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias
que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto
das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende
unha perspectiva máis madura.
Para rematar este
ciclo o venres día 3 de Abril de 2020 proxectarase “Histeria”, de Tanya Wexler.
Dr. Mortimer Granville
(Hugh Dancy) é un xoven médico que
constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista
modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr.
Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria,
un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento
masaxes na área xenital para causar "convulsións paroxísticas" que na verdade eran orgasmos.
Concentración reivindicativa 8M
A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da
Muller terá lugar na xornada do domingo 8 de marzo ás 12:30h na Praza do
Reló, onde se realizará unha concentración reivindicativa en prol da igualdade
real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das
Mulleres.
Deste xeito desde o Concello convindan ás asociacións, centros educativos,
comerciantes, veciñanza da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen
participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local,
que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar
poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de
expresión.
Obradoiro de Biodanza
Previa a esta concentración, o 8 de marzo de 11:00h a 12:30 horas,
realizarase o obradoiro de biodanza “Danzando pola Igualdade” que
estará impartido por Sara Rodríguez e para o cal é preciso unha inscrición
previa no CIM chamando ao 986 614 648 ou remitindo un enderezo electrónico a muller@aguarda.es
As prazas son limitadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario