Novo calendario de Andainas de Primavera 2020
As inscricións estarán abertas ata o 6 de marzo
Infogauda / A Guarda
A concellería de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020, cun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño.
Estas andainas están organizadas conxuntamente pola Câmara Municipal de Caminha e o Concello de A Guarda, co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.
As persoas interesadas en participar xa poden realizar a súa inscrición contactando coa concellería de Deportes do Concello da Guarda no teléfono 690 928 751 ou remitindo un correo electrónico a deportes@aguarda.es
As inscricións estarán abertas ata o 6 de marzo, sendo obrigatorio realizar o pago antes do 13 de marzo.
Información
sobre as Andainas de Primavera 2020
ANDAINA 1.- SÁBADO, 21 DE MARZO:
TRILHO DOS PASTORES NA SERRA D’ARGA (PORTUGAL)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 17.00 h.
Prezo: 9 €
Ruta iniciada en San Lourenzo da Montaría que presenta unha
espectacular vista panorámica da Serra d’Arga e o val do río Lima. A zona posúe
unha gran riqueza no referente á flora, á fauna, á xeoloxía e ao patrimonio,
con multiplicidade de cruceiros e igrexas de grande interese cultural.
ANDAINA 2.- SÁBADO, 18 DE ABRIL:
ROTA DA RIBEIRA DO ULLA (TOURO)
Distancia: 12,8 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 18.00 h
Prezo: 10 €
A segunda ruta discorrerá de xeito lineal a a carón do río Ulla, por
sendas de pescadores, camiños de carro, grandes bosques, fervenzas e
carballeiras.
Atoparemos restos de muíños e ouriceiras abandonadas utilizadas no
pasado para recoller os ourizos das castañas e protexelos dos xabaríns, así
como as ruínas do Pazo de San Cristovo.
ANDAINA 3.- SÁBADO, 16 DE MAIO:
TRILHO NA PAISAGEM PROTEGIDA DE CORNO DO BICO (PORTUGAL)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 17:00 h.
Prezo: 9 €
Esta ruta discorre polo santuario natural da Paisagem Protegida de
Corno do Bico, unha rexión montañosa cunha paisaxe singular de aspecto caótico.
Alí atoparemos poboados fortificados, monumentos fúnebres do neolítico e
poderemos observar a harmoniosa mistura entre a natureza e a influencia humana.
ANDAINA 4.- SÁBADO, 6 DE XUÑO:
SENDEIRO NATURAL ACIVEIRO-CANDÁN (FORCAREI)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 18.30 h.
Prezo: 11 €
Ruta circular iniciada no Mosteiro de Aciveiro. A andaina discorre
polos arredores do río Lérez, e ascende polas suaves ladeiras da Serra do
Candán, pertencentes á Rede Natura 2000. Atoparemos muíños, pontes, cruceiros,
bosques e prados mentres camiñaremos polo antigo camiño de carro, rodeados
polos remanentes do antigo traballo de cantería da zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario