14 de feb. de 2020

A GUARDA

Exposición do Censo Electoral 

Que se utilizará nas Eleccións Autonómicas do vindeiro 5 de abril  


 Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda fixo público na xornada de hoxe que "entre os días 17 e 24 de febreiro, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións ó Parlamento de Galicia do vindeiro 5 de abril.  

 O horario de consulta será entre as 9:00 horas e as 14:00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).  

 É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario