A Guarda acolleu a actividade -Igual a Nós-
A xornada para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero Igual a Nós desenvolveuse no Centro Cultural
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social levou a cabo o pasado venres 31 de xaneiro no Centro Cultural da vila a xornada para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero Igual a Nós potenciando o uso das novas tecnoloxías e converténdoo nun espazo de encontro entre mulleres.
A actividade tivo unha duración de hora e media e dividiuse en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica cun coloquio onde afondouse e debateuse sobre os conceptos abordados na representación (corresponsabilidade, novas tecnoloxías, App EscApp, igualdade,...) e, en segundo lugar, realizaron unha performance sobre a violencia que sofren as mulleres ao longo da súa vida.
O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario