A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E PROPIETARIOS "O PERCAMINO" CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN VECIÑAL
Para este domingo día 1 de marzo, ás 11:30 horas, en Fontebieita
Infogauda / A Gándara (Salcidos)
Co visto a prace do seu presidente, Paulino Rodríguez González, que asina á convocatoria, ao igoal que o secretario Camilo Fernández, e o coordinador-presidente das festas, Juan Carlos Gómez; a Asociación de Veciños e Propietarios "O Percamino", con enderezo social na Praza dos Seixiños, s/nº, de A Gándara (Salcidos), ven de convocar no día de onte, 28 de febreiro de 2020, unha concentración veciñal que terá lugar en Fontebieita (A Gándara), o domingo día 1 de marzo, ás 11:30 horas. En caso de choiva, a xuntanza terá lugar no local da devandita asociación.
Segundo indican na referida convocatoria, a Comunidade de Montes de Salcidos quere facer unha plantación de árbores en Fontebieita, e así escudarse en prohibir todo tipo de actividade de lecer e esparexemento aos veciños de A Proba, Pintán e A Gándara, "negándolles a que se poida realizar as festas patronais, e demáis eventos que se poidan realizar".
Por todo iso convocan a toda á veciñanza ca súa presenza a concentrarse en Fontebieita onde os convocantes darán unha explicación do que intentan facer, e das conversas que mantiveron co presidente da xunta reitora da devandita Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común.
Ningún comentario:
Publicar un comentario