29 de xan. de 2020

TOMIÑO

OS SOCIALISTAS DE TOMIÑO PRESENTARON ENMENDAS AO ORZAMENTO DA XUNTA DE GALICIA

Mª Violeta de Santiago Moure, concelleira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Infogauda / Tomiño 

 Os socialistas de Tomiño presentaron enmendas ao orzamento autonómico da Xunta de Galicia para este ano 2020, que foron aprobados no pasado mes de decembro no Parlamento galego. 

 Segundo indica Mª Violeta de Santiago Moure, concelleira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño, “as enmendas presentadas abarcan diferentes eidos, pois son moitas as carencias e necesidades que temos en Tomiño. 

 Esiximos a execución do colector xeral para poder empezar a acometer o tan demandado e necesario saneamento para a zona norte do concello así como a ampliación da depuradora. 

 Solicitamos a creación dun centro de información á muller. Ás socialistas resúltalle difícil asumir que despois de máis de 12 anos dun goberno que presume de feminista, sigamos sin un CIM en Tomiño e sin intención algunha de loitar por él.  

 Pedimos á Conselleria de Economía, Emprego e Industria, que se afronte a situación e se dea unha solución a falta de chan industrial que padecemos en Tomiño, coa  conseguinte falta de oportunidades para tod@s en xeral e para a xente moza en particular. Reclamamos o polígono industrial ou outro proxecto viable.  

 Tamén trasladamos a necesidade de rematar a VAP Tui-A Guarda cun proxecto transparente, de consenso e que vertebre o máximo posible.  

 Por último, esiximos o remate da concentración parcelaria nas parroquias de Estás-Figueiró-Goián por ser escándalosa e inxustificable a demora. Incríblemente nin un solo euro destina Medio Rural para este exercicio no noso Concello e sentimos que todas e cada unha destas achegas foran rexeitadas pola maioría do Partido Popular porque entendemos a importancia que teñen para a maioría da veciñanza

 A Agrupación Socialista de Tomiño -engade Mª Violeta de Santiago  - critica o posicionamento do PP na campaña das municipais, prometendo unha inversión de 1.500.000€ para invertir no Instituto Antón Alonso Rios neste ano cando tan só hai previsto 50.000€ que xunto ás melloras de seguridade viaria e accesibilidade da PO-552, son as únicas inversións da Xunta de Galicia para este ano. As socialistas esperan que o goberno do BNG trasladara tamén o malestar ao delegado Cores Touris na última visita ó noso Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario