27 de xan. de 2020

TOMIÑO

Pepa Horno, especialista en prevención da violencia contra a infancia, abrirá a 5ª edición da Semana da Educación de Tomiño 

A actividade desenvolverase entre os días 10 e 13 de febreiro no Auditorio de Goián. É necesario inscribirse para obter certificado de asistencia 

Pepa Horno, psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A xa case tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, chega nos próximos días á súa 5ª edición. O Concello vén organizando esta serie de charlas e coloquios coa finalidade de achegar luz ás familias na crianza dos fillos e fillas, da man de recoñecidos profesionais vencellados dende distintos ámbitos á difícil tarefa de educar.  

 Pepa Horno será a encargada de abrir as conferencias, o luns 10 de febreiro, ás 19:00 horas, no auditorio de Goián, con capacidade para 322 persoas.  

 Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. Na súa conferencia, “Educar sen medo” dará valiosas pistas para ensinar a transitar as emocións dende os vínculos afectivos, compartindo tamén temas do seu último libro, “Educando la alegría” (Declée De Brouwer, 2017), no que a autora fala de “cultivar la alegría e inculcársela a los niños, tanto en el hogar como en el ámbito escolar porque, esta emoción no siempre surge de manera espontánea, sino que se trata de una opción que podemos elegir conscientemente como adultos, y que constituye uno de los motores básicos del desarrollo infantil, que permitirá a nuestros hijos afrontar con fortaleza el dolor y el miedo cuando lleguen”.  

http://www.pepahorno.es/perfil-profesional/

 Juan Llorca será o seguinte do programa. Coñecido nas redes sociais e medios de comunicación polas súas receitas saudables para nenos e nenas, el chef valenciano, ao fronte do comedor da Montessori School, impartirá a conferencia “A súa alimentación é a túa responsabilidade”, na que abordará o panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.     

 Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog “Educación, Innovación e Emprendemento”; creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.  

 O título da súa conferencia será “Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas”, dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.   

 E para pechar a V Semana da Educación de Tomiño, nada menos que a psicóloga clínica, psicanalista, autora de ensaios, contos e novelas, Lola López Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos “La Opinión de Murcia”, “Infolibre”, “eldiario.es” e “Tribuna Feminista”.  

 A conferencia que ofrecerá en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título “Contracorrente. Educación e pensamento crítico”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario