AS SOCIALISTAS DE TOMIÑO CRÍTICAS CO CAMBIO DO PERCORRIDO DA CABALGATA DE REIS
As concelleiras do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa amósanse críticas co Grupo Municipal de Goberno
Infogauda / Tomiño
Mediante unha nota de prensa recibida este sábado día 4 de xaneiro de 2020 na Redacción de Infogauda, as socialistas de Tomiño amósande "críticas co cambio de percorrido da Cabalgata de Reis" e mostran o seu "asombro polas mentiras verquidas na sesión plenaria do pasado 26 de decembro, polo goberno do BNG". A concelleira do PSdeG-PSOE, Violeta de Santiago afirma: "Ás preguntas do grupo socialista, respostaron no mencionado Pleno que a Cabalgata tiña que cambiar o percorrido habitual porque a Policía Municipal non traballa os domingos. Pero o que non se dixo é que a rúa Gondomar é unha rúa de titularidade provincial polo que soamente a Garda Civil de Tráfico pode cortar o tránsito, pero para iso é absolutamente necesario un previo informe de viabilidade emitido pola Policía Municipal, cun mínimo de 15 días de antelación. Ademais, si a intención era celebrar a Cabalgata sin a presenza da Policía, como tiñan pensado garantir a seguridades tanto dos participantes como do público en xeral e das nenas e nenos en particular? A nosa inmensa gratitude aos axentes que por responsabilidade, e pese ao conflito laboral existente, acudirán de maneira voluntaria e a cambio de nada".
Violeta de Santiago afea ao Grupo Municipal de Goberno, afirmando: "Todo este desastre de organización acarrexa malestar entre a veciñanza e os comerciantes quéixanse da repercusión nas ventas así como da recentralización e tamén da falta de diálogo e transparencia con eles e elas".
As concelleiras Violeta de Santiago e Mirta Misa lamentan tamén que a súa "petición de incluír caramelos sen glute e alerxénicos, sexa desatendida e tan só se regalen os que unha entidade bancaria dona. Aproban o presuposto máis grande da historia pero non temos cartos para mercar caramelos sen glute para que esta Cabalgata sexa inclusiva. Este é o goberno para as persoas! Cousas como estas, pasan por non crer no que se fae, cando esta recepción aos Reis por parte dos Concelleir@s (do goberno) é tan só un trámite e non un evento cheo de ilusión e máxia para os máis cativos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario