28 de xan. de 2020

OIA

Envellecemento activo e patrimonio

A nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores    



Infogauda / Oia

 O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio que se impartirá en dous grupos: un en Torroña e outro en Loureza.  

 A iniciativa trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia, especialmente no que atinxe ao patrimonio cultural inmaterial (xogos, costumes, refráns, cancións, tradicións, etc).   

 O obradoiro desenvolverase os martes a partir do 4 de febreiro en dous grupos: de 16:00 a 17:15 horas nas Escolas de Torroña e de 17:45 a 19:00 horas na Abadía de Loureza.  

 A actividade é gratuíta e vai destinada a maiores de 60 anos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o próximo día 31 no Concello (máis información no teléfonos 986 362 125 e 639 329 493). As prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario