REMO
O CLUB DE REMO ROBALEIRA FIXO Á PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2020
Xunto cos deportistas, familiares, amigos e patrocinadores/colaboradores
Infogauda / A Guarda
O Club de Remo Robaleira vén de celebrar o pasado sábado a presentación da Tempada 2020 xunto cos deportistas, familiares, amigos e patrocinadores/colaboradores fíxose un pequeno repaso das categorías cas que contan para esta vindeira tempada.
Infantiles, cadetes, xuvenís e senior, das que só se completan dúas tripulacións para banco fixo. Polo que o clube marca como obxectivo a corto plazo a recuperación e captación de antigos e novos remeiros e remeiras.
Por outra banda, no remoergómetro, contan con dous puntais: o incansable Damián Alonso, que vén de colleitar éxitos no campionato europeo e ten o mundial nas próximas semanas, e o equipo de remo de San Xerome, cun palmarés envidiable que terá que esperar uns meses para competir polos cambios de datas nos campionatos.
Destacaron tamén as melloras e cambios que se están dando no club e que seguirán, aínda que pouco a pouco, xa que precisan de axuda económica para todos eles.
Os que xa se acometeron con axuda de subvencións e do Concello, a compra dunha nova furgoneta e dous ergómetros novos, melloras nas instalacións como a nova pintura do ximnasio, etc.
A posta a punto das palamentas de fibra que levarán o nome de Obelisco Cantería, Diser, Langosteiros e a xa clásica Mecalia.
E como novidade máis visible o cambio na equipación. Chándal e plátano (roupa de competición) que levarán o nome de OR.PA.GU., Pesquera Alba e Pesquera Rumbo a tódalas competicións posibles.
Dende Robaleira agradecen a todos eles e a os socios a súa contribución ao remo guardés.
Comeza a tempada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario