28 de xan. de 2020

A GUARDA

O COLECTIVO LGTBIQ+ TRANS MIÑO CELEBRARÁ ESTE SÁBADO UNHA REUNIÓN ABERTA PARA DARSE A COÑECER

Será o vindeiro sábado día 1 de febreiro do 2020 ás 11:00 da mañá, no Centro Cultural da vila




Infogauda / A Guarda

 O Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño, segue coas súas actividades. Nesta ocasión lanzan unha nova campaña co nome “VEN A COÑECERNOS”, que como reza o nome da campaña invitan a poboación da Guarda e dos arredores, a que veñan a coñecer as actividades e os servizos que dende dita asociación ofrecen. 

 Dita reunión será no Centro Cultural da Guarda o vindeiro sábado día 1 de febreiro do 2020 as 11:00 da mañá.

 Na reunión, se exporán os traballos que ata o día se están facendo, e se dará información dos fins do Colectivo así mesmo como próximas actividades previstas nos diversas seccións que ofrecen. 

 O colectivo LGTBIQ+ Trans Miño e parte da Asociación Trans Miño, que agrupa varías seccións como son: proxectos de dinamización comunitaria; cultura e deporte e outra de mundo da xuventude.

Ningún comentario:

Publicar un comentario