2 de xan. de 2020

O ROSAL

NOVO VEHÍCULO PARA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO ROSAL 

A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro Germán Rodríguez Fernández, con dous membros da Agrupación de Protección Civil, esta mañá en Pontevedra, na recepción dun vehículo de emerxencias
Foto: C.O.R.
 

Concello do Rosal

 Hoxe, 2 de xaneiro, estivemos en Pontevedra nas delegacións da Xunta de Galicia, convocados por Vicepresidencia e Consellería e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na adquisición dun vehículo de emerxencias enmarcado na Operación cofinanciada pola Unión Europea con fondos FEDER Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia para os nosos voluntarios de Protección Civil que levaban tempo desexando. 

 Aproveitamos para reiterar a gran labor que desenvolve sempre Protección Civil de maneira altruista en todas as súas actuacións. Este equipamento mellorará a capacidade das súas intervencións e operativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario