Ethel
Vázquez avanza o inicio este verán das obras do enlace de Areas, na VAP
do Baixo Miño, cun investimento de 21,2 millóns de euros
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, abordou o comezo hoxe da contratación destas actuacións
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, abordou o comezo hoxe da contratación destas actuacións
Vázquez Mourelle destaca que o remate destas actuacións se prevé para finais do ano 2021 ou comezos do 2022
Na
presentación desta infraestrutura viaria tamén estiveron presentes o
delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e
o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, así como representantes dos concellos do Baixo Miño e da Cámara de Comercio, Industria e Navegación
Foto: X.G.
Explica que se trata dunha infraestrutura cun tronco en sección de autovía, con tres enlaces: coa Autovía A-55, co polígono de Areas e coa N-551 e a PO-552, onde se eliminan os xiros á esquerda para substituílos por unha glorieta
Indica que este deseño mellorará a seguridade das conexións tanto coa N-551 como coa Autovía Internacional Vigo- Fronteira, aumentando a competitividade das empresas do polígono de Areas
Adianta que este ano tamén se redactará o proxecto construtivo que dará continuidade a estas obras ata a PO-350, en Tomiño
Concreta que nunhas semanas se someterá a información pública e avaliación de impacto ambiental o treito de autovía que unirá a estrada PO-350 con Estás
Precisa que se está traballando para acadar un deseño óptimo na zona de Figueiró, sometido a información pública no verán e cuxas alegacións se están avaliando
Subliña que a Xunta está a seguir unha programación realista e viable encamiñada a facer realidade a Vía de Altas Prestacións do Baixo Miño, aposta reflectida nos Orzamentos de 2020, cunha partida de máis de 3 M€ para esta infraestrutura
Infogauda / Tui
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou o inicio hoxe da contratación das obras do enlace de Areas, na VAP do Baixo Miño, cun investimento de 21,2 millóns de euros, co fin de comezalas este verán e telas rematado a finais de 2021 ou principios de 2022.
Na presentación desta infraestrutura viaria tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
Trátase dunha infraestrutura que dispón dun tronco en sección de autovía que supón un total de 630 metros, condensando tres enlaces: un coa Autovía A-55, outro co polígono de Areas e outro coa N-551 e a PO-552, onde se eliminan os actuais xiros á esquerda para substituílos por unha glorieta.
Vázquez Mourelle subliñou que este deseño mellorará de xeito importante a seguridade das conexións tanto coa estrada N-551, como coa Autovía Internacional Vigo – Fronteira, aumentando a competitividade para as empresas do polígono de Areas, que xeran preto de 1.000 empregos directos.
Salientou que o Goberno galego está a traballar arreo para que a VAP Tui – A Guarda sexa unha realidade. Neste sentido, engadiu que este ano tamén se redactará o proxecto construtivo que dará continuidade a estas obras ata a PO-350, en Tomiño. Ademais se está traballando para acadar un deseño óptimo na zona de Figueiró, sometido información pública o verán pasado e do que se están analizando as alegacións recibidas.
Tamén concretou que nunhas semanas se someterá a información pública e avaliación de impacto ambiental o treito de autovía que unirá a estrada PO-350 con Estás, en Tomiño.
Reiterou que o Executivo autonómico está a seguir unha programación realista e viable encamiñada a facer realidade a Vía de Altas Prestacións do Baixo Miño, unha aposta por unha mellor adaptación e vertebración do territorio e un menor impacto ambiental.
Precisou que esta planificación vai acompañada de importantes compromisos de gasto nos vindeiros anos, como recollen os Orzamentos da Xunta para 2020, cunha partida de máis de 3 M€ para a VAP do Baixo Miño no presente exercicio, e futuros por máis de 50 M€.
Cómpre lembrar que o Goberno galego xa puxo en servizo en 2014 o treito entre Goián e A Guarda, cun investimento de 60 M€ nos momentos de maiores restricións económicas da Xunta, mostra do compromiso con esta infraestrutura estratéxica para a bisbarra do Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario