12 de xan. de 2020

MOUGÁS (OIA)

A Xunta de Galicia executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Peitán ao seu paso polo concello de Oia  

A actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun treito de máis de medio quilómetro, no percorrido deste río por distintos lugares da parroquia de Mougás

Augas de Galicia executa actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do río Peitán
Foto: X.G.

Infogauda / Oia

  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do río Peitán, ao seu paso polo municipio de Oia.  

 Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste río no seu percorrido polos lugares Barrios da Granxa e Bragadela, na parroquia de Mougás. A intervención neste río lévase a cabo nun treito de 673 metros.  

 As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.  

 Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.  

 Mediante este tipo de traballos, o organismo hidráulico da Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario