A Xunta de Galicia incorpora novos contidos innovadores DIXIT á iniciativa Abalar
Regletas dixitais, figuras 3D e experimentos para matemáticas, bioloxía e xeoloxía facilitan a aprendizaxe interactiva
Docentes de diferentes centros educativos xunto con profesionais do sector TIC e do audiovisual elaboran estes recursos empregando tecnoloxías como a realidade aumentada, a gamificación ou a intelixencia artificial
Xa están en marcha novos grupos de traballo para elaborar recursos das materias de Xeografía e Historia, Física e Química e linguas estranxeiras
Infogauda / Galicia
A iniciativa DIXIT, que impulsa creación
de contidos educativos dixitais innovadores coa implicación do
profesorado e os sectores TIC e audiovisual, vén de incrementar a súa
oferta incorporando novos recursos para as materias de Matemáticas,
Bioloxía e Xeoloxía, que xa están dispoñibles no Repositorio de Contidos
de espazoAbalar e na plataforma do libro dixital.
No caso de
Matemáticas, incorpóranse novas regletas dixitais, orientadas á
aprendizaxe de conceptos matemáticos abstractos a través da manipulación
e de figuras 3D, o que facilita a interiorización de algoritmos e
conceptos matemáticos complexos.
Alumnos e profesores contan con
dous novos bloques de contidos, un de sumas e restas con unidades,
decenas e centenas, a través dun taboleiro dinámico, que mellora a
visualización para traballar o cálculo. E outro de multiplicación,
dedicado á comprensión e práctica de múltiplos dun número, conceptos
como dobre e triplo, multiplicacións de varios números, mínimo común
múltiplo etc.
Ademais, engádese o Laboratorio de xeometría 3D,
orientado ao estudo da xeometría no espazo cun enfoque dinámico de
visualización e manipulación de figuras en tres dimensións.
A
materia de Bioloxía e Xeoloxía conta cun novo Snack Experiment
dedicado á unidade de xeoloxía, na que os alumnos aprenden de forma
sinxela un experimento e aplican de forma guiada o método científico que
lles permite sacar conclusións por eles mesmos.
Neste snack
aprenderán a preparar un medidor de ph para diferenciar entre unha
substancia aceda ou básica a primeira ollada, cun cambio de cor. A
diferenza dos cinco anteriores, este snack experiment ofrece unha
experiencia adaptativa coa posibilidade de elixir entre distintos
camiños que axustan o contido segundo a decisión do alumno.
Complétase a unidade de ecosistemas cun novo contido que ofrece unha alternativa interactiva para a aprendizaxe dos ecosistemas e as relacións das especies nunha rede trófica.
Complétase a unidade de ecosistemas cun novo contido que ofrece unha alternativa interactiva para a aprendizaxe dos ecosistemas e as relacións das especies nunha rede trófica.
En breve estará dispoñible, tamén, o
primeiro material dedicado ao ecosistema “charcas intermareales” que
integra unha fase final na que o alumno, aplicando o método científico á
observación de variables dependentes e independentes que afectan o
ecosistema, así como á interpretación de gráficos, poderá extraer
conclusións e verificar as súas hipóteses previas.
Novos contidos en máis materias
O obxectivo de DIXIT, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Educación, é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.
Xa
están en marcha novos grupo de traballo para crear novos contidos para
estas e outras materias como linguas estranxeiras, Xeografía e Historia e
Física e Química, que empregarán as tecnoloxías máis avanzadas como a
realidade aumentada, a gamificación ou a intelixencia artificial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario