16 de xan. de 2020

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA PARA A SEMANA DO LUNS 20 AO VENRES 24 DE XANEIRO DE 2020.  
 

Luns, 20 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do primeiro poemario en galego "O DONO  DO  DERRADEIRO MINUTO. Cincuenta poemas en  galego" do poeta, crítico literario e profesor da Universidade de Granada, Luís García Montero, unha antoloxía na que se inclúen poemas de case todos os seus libros -máis de medio centenar escritos en tres décadas-, e que agora foron traducidos ao galego por Isaac  Xubín.  

 Intervirán, ademais do autor Luís García Montero; o secretario dos libreiros de Madrid, poeta e escritor, Pablo  Bonet; a directora de  Tulipa Editora, Isabel Patiño Amboage; e Sabela García que recitará en galego algúns poemas do autor e director do Instituto Cervantes desde 2018.  

Martes, 21 
19:30 horas 

 Presentación do libro "BRANQUIAZUL. Historia oral de los años dorados del  Dépor", de Marcos  Gendre, editado por Contra. Unha obra que documenta a época de auxe do fútbol galego e, máis concretamente, os éxitos cultivados polo  RCD A Coruña en diversas competicións nacionais e europeas, a partir do testemuño de máis de sesenta persoas relacionadas co club herculino. En  Branquiazul,  Gendre mostra un fresco vívido e apaixonante dos altibaixos dun club que sufriu e celebrou como ninguén, sobre todo entre os anos oitenta e principios do século  XXI, e por extensión ofrece tamén parte da historia da cidade que atopou no fútbol un referente e unha ilusión en plena crise económica.  

 Intervirá no acto, ademais do autor Marcos  Gendre, o xornalista Xosé Hermida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario