Previsións CIG-Vigo
Para este venres 31 de xaneiro
CIG / Vigo
Estas son as previsións da CIG de Vigo para este venres 31 de xaneiro:
-10:00 horas: protesta contra a represión sindical na Autoridade Portuaria de Vigo. A concentración terá lugar diante do edificio de sesións, no peirao de trasatlánticos, coincidindo coa celebración do consello de administración do ente público.
-11:30 horas: rolda de prensa no local do sindicato (rúa Gregorio Espino, 47) para dar conta de sentenza tras a demanda presentada pola CIG contra o Concello de Vigo polo decreto de servizos mínimos da folga indefinidad no servizo de Bombeiros/as. Comparecerán o secretario comarcal, Alberto Gonçalves, e o delegado da central no comité, Miguel Uclés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario