28 de xan. de 2020

A GUARDA

Convocatoria de reunión para o sector do comercio 

Mércores  29 de xaneiro, ás 20:30 horas na Casa dos Alonso


Infogauda / A Guarda 

 A Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de A Guarda convoca ao sector do comercio local a unha reunión de seguimento para valorar a pasada Campaña de Nadal 2019/2020, que terá lugar este mércores día 29 de xaneiro ás 20:30 horas, na Casa dos Alonso.

 Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local, convida a todo o tecido comercial da vila a participar nesta reunión na que tamén terá cabida a proposta de ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades. 

 Dende o Concello recórdase a importancia de participar neste tipo de reunións que pretenden funcionar como un foro no que se dean a coñecer de primeira man as demandas do sector de cara a planificar as accións que, dende a administración local, se podan levar a cabo para dinamizar o comercio da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario