Súas Maxestades os Reis Magos xa están na vila
No día de onte visitaron a Residencia Monte Santa Tecla, en Camposancos
O alcalde de A Guarda e a concelleira de Cultura, coas SS.MM. os Reis Magos, a súa chegada á Residencia de Maiores de Camposancos
Fotos: C.A.G.
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz ven de facer público que "o venres 3 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla".
As mesmas fontes indicaron que "a media tarde as Súas Maxestades de Oriente, que foran recibidas previamente polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, acudiron á residencia para levar uns agasallos, visitar e escoitar aos homes e mulleres que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.
Ademais, a visita estivo amenizada cunha charanga, que acompañou aos Reis Magos durante a súa estadía e animaron a tódolos presentes a bailar e gozar da música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría".
Ningún comentario:
Publicar un comentario