4 de xan. de 2020

A GUARDA

«Nadal con Paio e Aurelio» encheu de nenas/os o Centro Cultural da vila


«Nadal con Paio e Aurelio» foi das actividades enmarcadas na Programación de Nadal organizada polo Concello de A Guarda
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Na tarde de onte venres día 3 de xaneiro o Centro Cultural da vila acolleu o espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio». Unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello de A Guarda que completou o aforo con centos de nenas/os que aproveitaron esta actuación para pasar unha tarde diferente e divertida. 

 «Nadal con Paio e Aurelio» é un espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 5 personaxes fixeron as delicias dos máis pequenos da casa.   

 A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música.  

 Despois dos éxitos do Libro CDs “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e "Paio e o poder da música", chegou á Guarda co seu último e novo espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio», cunha excepcional acollida de público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario