«Igual a nós» chega á nosa vila
Este venres día 31 de xaneiro ás 20:00 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Este venres día 31 de xaneiro ás 20:00 horas o Centro Cultural da vila acollerá a actividade “Igual a nós”, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres da vila.
A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas «Igual a Nós» e orientadas principalmente a mulleres maiores.
A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e dividirase en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica e, en segundo lugar, nun coloquio para afondar e debater os conceptos abordados na representación como a corresponsabilidade, coeducación, aplicación EscApp, entre outros.
O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.
A entrada é de balde previa inscrición.
Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co Centro de Información á Muller da Guarda. no teléfono 986 610 000 (ext. 4025), a través do enderezo electrónico muller@aguarda.es ou inscribíndose directamente no formulario en liña:
https://forms.gle/QiMEQmzgBzy4NrNg8
As prazas son limitadas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario