A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
O venres día 31 de xaneiro ás 20:00 horas, na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
O alcalde do Concello de A Guarda, ven de convocar no día de hoxe, luns 27 de xaneiro de 2020, unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal que se celebrará o vindeiro venres día 31 deste mes, ás 20:00 horas, na Casa do Concello.
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 29.11.2019 e da sesión extraordinaria celebrada o 14.01.2020
2. Expediente 160/2020. Dar conta dos Decretos ao Pleno.
3. Expediente 1564/2017. Dar conta dos reparos de Intervención nº 43/2019 a 1/2020.
4. Expediente 72/2020. Proposta de creación dun Servizo de Saúde Mental Ambulatoria polo SERGAS, como recurso básico de atención especializada na Mancomunidade do Baixo Miño.
5. Expediente 2841/2019. Moción presentada por Converxencia Galega sobre a regulación do cableado aéreo.
6. Expediente 114/2020. Moción presentada por Converxencia Galega sobre o cumprimento da sentencia sobre a aprobación e incorporación dos catálogos de e elementos obxecto de protección do patrimonio histórico-artísticos locais.
7. Expediente 112/2020. Moción presentada polo BNG sobre a mellora da sanidade pública.
8. Expediente 143/2020. Moción do Grupo Municipal Popular para instar ao Goberno a aboar a débeda pendente a Galicia.
9. Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario