8 de xan. de 2020

A GUARDA

O domingo día 12 de xaneiro

O Concello porá broche final a programación e actividades do Nadal

Vista parcial da imaxe que ofrecían coa alumeado do Nadal, a Praza de Avelino Vicente e a rúa Concepción Arenal
Foto: C.A.G.

  
Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda porá broche final a programación e actividades do Nadal 2019/20, o vindeiro domingo día 12 de xaneiro, co peche da pista de patinae sobre xeo, ubicada na Alameda da vila e o apagado do alumeado de Nadal.  

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda indican: “Malia que inicialmente as previsións eran as de manter a pista de xeo ata o vindeiro día 19 de xaneiro, debido a baixa afluencia e demanda da mesma, a empresa que xestiona a mesma decidiu adiantar o seu peche a este domingo día 12 de xaneiro”.  

 Deste xeito, O Concello de A Guarda pecha un Nadal que se iniciaba o 5 de decembro co acendido do alumeado, e no que os nenos e nenas da vila e visitantes foron os principais destinatarios da ampla programación que se levou a cabo con espectáculos infantís, concertos, tardes de xogos e ludotecas, ás que asistiron moitos cativos/as da vila e da súa contorna.  

 A programación contou tamén este ano coa música en directo dos grupos Inertes e Presumido, así coma unha conferencia, o tradicional concerto de panxoliñas dos alumnos/as do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, exposicións e unha espectacular Cabalgata de Reis Magos, que encheu as rúas da vila de asistentes, cunha recepción multitudinaria na Casa dos Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario