17 de xan. de 2020

A GUARDA

NOVA ENTREGA DE SOLICITUDES NA COMUNIDADE DE MONTES DA GUARDA   


Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes da Guarda

 Dende a Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes da Guarda, queremos informar a todxs xs veciñxs da Guarda do estado no que se encontra o nosa luita por conseguir entrar na Comunidade de Montes da Guarda.   

 No 2018, 30 veciñxs da Guarda presentamos as nosas solicitudes de alta na Comunidade de Montes, as cales foron na sua totalidade omitidas e ninguneadas pola directiva da Comunidade de Montes. Ante tal omisión, e como fixemos público en novembro de 2019, levamos á Comunidade de Montes a un xuizo de conciliación, no cal non houbo ningunha conciliación pero si conseguimos alomenos que a Comunidade de Montes habilitase un lugar onde poder recibir todas as novas solicitudes de todxs xs veciñxs que quixeran formar parte dela.   

 É por isto que desde a Plataforma, vimos de acordar a entrega das nosas solicitudes por segunda vez, esperando que desta vez si, poidamos exercer dunha vez, o noso dereito a formar parte da nosa Comunidade de Montes.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario