5 de xan. de 2020

A GUARDA

A CABALGATA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE ENCHEU DE ILUSIÓN AS RÚAS DA VILA

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Tal e como se prevía, a climatoloxía fixo posible que este domingo día 5 de xaneiro de 2020, milleiros de persoas de A Guarda e súa contorna presenciasen na vila guardesa a cabalgata de Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. 

 Arredor das 18:00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos na rúa Rosalía de Castro polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e polas concelleiras Mª Montserrat Magallanes Álvarez e Mª Elena Baz Rodríguez, así como polo concelleiro Miguel Ángel Español Otero.

 Logo de ser cumplimentados pola primeira autoridade municipal, SS.MM. os Reis Magos, precedidos polo Grupo de Gaitas de Club da 3ª Idade e Pensionistas de A Guarda e por un grupo de baile do Grupo Xamaraina, así como o seu correspondente séquito real, Melchor, Gaspar e Baltasar subirían a unhas vistosas carrozas de La Fiesta Escénica, para efectuar o percorrido polas rúas Rosalía de Castro e de Galicia, respectivamente, saudando ao numeroso público que ateigaba as beirarrúas da vila, e agasallando con caramelos sen gluten a todo o mundo. Unha vez chegaron a rúa José Manuel Andreini, os Reis Magos e seus paxes dirixíronse ata a Casa dos Alonso, onde unha unha moitedume de nenas/os e maiores, ateigaban a Praza do Reló agardando a chegada de SS. MM..

 E seguido tería lugar á recepción real a todas as nenas e nenos que se achegaron ata eles, nas horas previas a noite da maior ilusión, na que os Reis Magos van visitar todos os fogares para levar seus agasallos a pequenos e maiores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario