Os Reis Magos visitarán a Residencia de Maiores
E participarán o domingo pola tarde na Cabalgata polas rúas da vila
E participarán o domingo pola tarde na Cabalgata polas rúas da vila
A programación de Nadal rematará esta fin de semana coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores de Camposancos, e a súa posterior participación na Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta a pista de patinaxe sobre xeo na Alameda.
Visita dos Reis á Residencia de Maiores
As Súas Maxestades de Oriente visitarán este venres día 3 de xaneiro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados por unha charanga para animar e bailar nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do alcalde, da concelleira de Cultura e da concelleira de Turismo, respectivamente.
Cabalgata de Reis Magos 2020
O domingo día 5 de xaneiro ás 18:00 horas, desde á Alameda da vila, terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda: a Cabalgata dos Reis Magos.
Acompañados pola comitiva de paxes, asociacións da vila e unha charanga que amenizará este evento, SS.MM. os Reis Magos de Oriente percorrerán a rúa Rosalía de Castro e rúa Galicia para rematar na Casa dos Alonso, onde recibirán as nenas e nenos entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.
Este ano as carrozas dos Reis Magos están confeccionadas pola Festa Escénica.
Pista de Xeo
Continúa na Alameda a pista de patinaxe sobre xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.
O horario da pista de patinaxe é de luns a venres de 16:00 a 21:30 horas e as fins de semana de 12:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:30h, cun horario especial para o 5 e 6 de xaneiro de 16:00 a 21:30h.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais. Cada entrada para a pista de patinaxe sobre xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a pista de patinaxe poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ata o 19 de xaneiro. O seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante. Os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.
Fotos do Nadal na Guarda
Dende o Concello lembran que as fotos do Nadal na Guarda teñen premio, cun sorteo de puntos para a pista de patinaxe sobre xeo, entre todos os que compartan as súas fotos nas redes sociais, coas etiquetas #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda.
Nadal con Paio e Aurelio
Este venres día 3 de xaneiro ás 17:30 horas a Praza do Reló acollerá o «Nadal con Paio e Aurelio», unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda.
Trátase dun espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.
A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música.
Despois dos éxitos do libro CDs “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e "Paio e o poder da música", chega á Guarda co seu último e novo espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio».
En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.
Concerto electro pop co grupo Presumido
Este sábado día 4 de xaneiro ás 20:00 horas a Praza do Reló acollerá o concerto do Grupo Presumido, incluído na Programación de Nadal 2019/20 do Concello de A Guarda.
O grupo Presumido está a piques de comezar a súa xira de presentación de Cuatro Estaciones, seu segundo LP.
En caso de choiva o concerto realizarase no Centro Cultural con entrada libre ata completar o aforo.
Exposición de pintura de Beatriz Bascoy
A Casa dos Alonso acolle a exposición de pintura de Beatriz Bascoy Cao «a neta do Camilo». Esta exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello de A Guarda e poderase visitar ata o 4 de xaneiro na pranta baixa da Casa dos Alonso en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Dende o Concello da Guarda convidan a cidadanía a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando a vila e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario