A CIG CONVOCA UNHA ROLDA DE PRENSA
Para
denunciar a situación de absoluta explotación e precariedade laboral
que padecen as traballadoras/es dos postos do mercado de
Nadal instalado na Alameda da Praza de Compostela de Vigo
CIG / Vigo
As secretarias nacionais da CIG-Servizos e da CIG-Banca, Transi Fernández e Sefi Romero, comparecerán en rolda de prensa para denunciar a situación de absoluta explotación e precariedade laboral que padecen as traballadoras/es dos postos da Agrupación de Empresarios de Ferias de Madrid (AMFE), entidade encargada da xestión do mercado de Nadal instalado na Alameda da Praza de Compostela de Vigo.
Denunciaranse tamén posíbeis incumprimentos de elementais medidas de hixiene alimentaria e seguridade laboral, así como as irregularidades detectadas no proceso de concesión deste mercado.
Na comparecencia estarán presentes tamén traballadoras/es afectadas/os por esta situación.
DATA: xoves 18 de decembro de 2019.
HORA: 11:00 horas.
LUGAR: local da CIG de Vigo (Gregorio Espino, 47).
Ningún comentario:
Publicar un comentario