OURO PARA O ATLETA GUARDÉS, ÁLEX SIERPES PEREIRA, E BRONCE PARA A ATLETA ROSALEIRA, ARIANA GONZÁLEZ VERDE
· Pertencen ao club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, e lograron subirse ao podio no XL Cros Internacional de Venta de Baños (Palencia), 2019
Álex Sierpes Pereira - con pantaloneta vermella -, no 1º posto do podio no XL Cros Internacional de Venta de Baños (Palencia), 2019
Ariana González Verde - con sudadera vermella -, no podio do XL Cros Internacional de Venta de Baños (Palencia), 2019
Ariana González Verde - con sudadera vermella -, no podio do XL Cros Internacional de Venta de Baños (Palencia), 2019
Informa (fotografías e Redacción): Sociedade Atlética do Trega
A pasada fin de semana, desprazouse en autobús ata terras palentinas, un grupo de atletas do club Sociedade Atlética do Trega, que viaxaron acompañados dos seus familiares, onde viviron a experiencia do Cros Internacional de Venta de Baños, que iniciou a súa andaina no ano 1980, por iniciativa do concello.
No ano 1983, alcanzou por primeira vez a categoría de internacional, que xa non a abandonou ata actualmente, onde se converteu nun clásico do calendario nacional e internacional do Cros.
Desde o ano 1989 pertence como membro fundador, á asociación Asociación Nacional de Organizadores de Crosses (ADOC) - na súa orixe, Fundación ANOC -, cuxo circuíto está considerado mellor do mundo.
Parte do grupo de atletas da Sociedade Atlética do Trega que desprazáraonse a Venta de Baños, con Fernando Carro, asinando autógrafos
En termos xerais, o resultado dos nosos atletas na 40ª edición dese evento deportivo foi moi bo, se destacamos o nivel do mesmo, gozando dunha xornada matinal dun tempo fabuloso, sabendo que en Palencia sempre ten moi baixas temperaturas nesta época do ano.
Álex Sierpes Pereira nun momento da proba que gañou en Venta de Baños, logrando o medalla de ouro
Ariana González Verde nun momento da proba disputada en Venta de Baños, na que logrou a medalla de bronce
O máis destacable desta fin de semana, obtivérono da seguinte maneira:
Na categoría Sub 12 Masculino, Álex Sierpes Pereira, cun tempo de 6´53", proclamouse claro vencedor da proba nun circuíto de 1.675 metros, que tras as vitorias de Atapuerca (Burgos) e Ponte Romana (Lugo), ven sendo un habitual nos pódiums, xa que non se cansa de estar no máis alto do caixón.
Seguiríalle co éxito a veterana Ariana González Verde, que cun tempo de 16´29", nun circuíto de 4.675 m, conseguiu o 3º posto na categoría Master Veterano Feminino, na proba disputada mixta das seguintes categorías: Sub 18 - Xuvenil Feminino/ Sub 20 - Junior - Feminino, e Máster - Veterano Feminino.
Na proba disputada Sub20 - Junior e Master 20 Masculino, onde os nosos atletas veteranos fixeron unha distancia de 5.875 m, quedando nas seguintes posicións:
Eduardo García Fernández, 10º clasificado, cun tempo de 23´14"; a continuación seguiríalle o seu compañeiro, Carlos Fernández Álvarez, no posto 14º, cun crono de 24´28", pechando a participación, Borja Cadilla Lomba, A. B.
• Sub12 Feminino, con 900 m, Paula Rocha Bautista, no posto 17º, cun rexistro de 4´46".
• Sub14 Masculino, con 2.575 m, Christian Sierpes Pereira, 9º clasificado, cun tempo de 9´42".
• Sub14 feminino, con 1.275 m:
Carmen Magallanes Pérez, 8ª clasificada, cun crono de 4´36"; Mara Romeu Vicente, 14ª clasificada, con 4´43"; Antía Rodríguez Otero, 20ª clasificada, con 4´50"; Elisa Morgado Rodríguez, 25ª clasificada, con 4´54"; Lara Rodríguez Álvarez, no posto 37º, con 5´11"; Carla Rocha Bautista, no posto 47º, con 5´42"; e Lara Álvarez Rodríguez, clasificada no posto 51º, cun crono de 6´01".
Sub16 feminino, con 2.175 m:
Marcela Morgado Rodríguez, 13ª clasificada, cun tempo de 8´47"; e Uxía Rodríguez Huertas, 14ª clasificada, cun crono de 8´49".
E con este resumo, o noso Club aproveita para agradecer a todos os socios colaboradores, patrocinadores do Baixo Miño, concello de Tomiño, pola súa axuda cun orzamento maior, para que isto sexa un feito xa que somos unha entidade pequena e humilde, onde nós sós non o lograriamos, facendo posible que podamos participar en eventos deste nivel. Xa que, por ter tantos quilómetros de distancia, podemos demostrar que un deporte tan minoritario como é o atletismo, represente ao Baixo Miño en eventos nacionais e Internacionais con resultados de éxito, fronte a outros deportes de masa social con máis poder. A pesar de moito traballo, esforzo, sacrificio, ilusión e ganas, acreditamos que si, pódese conseguir grandes fazañas deportivas fora da nosa comunidade autónoma.
Con Juan Carlos Higuero - no centro da liña de fondo - onde coincidiron no mesmo restaurante onde xantaron
E con este resumo, o noso Club aproveita para agradecer a todos os socios colaboradores, patrocinadores do Baixo Miño, concello de Tomiño, pola súa axuda cun orzamento maior, para que isto sexa un feito xa que somos unha entidade pequena e humilde, onde nós sós non o lograriamos, facendo posible que podamos participar en eventos deste nivel. Xa que, por ter tantos quilómetros de distancia, podemos demostrar que un deporte tan minoritario como é o atletismo, represente ao Baixo Miño en eventos nacionais e Internacionais con resultados de éxito, fronte a outros deportes de masa social con máis poder. A pesar de moito traballo, esforzo, sacrificio, ilusión e ganas, acreditamos que si, pódese conseguir grandes fazañas deportivas fora da nosa comunidade autónoma.
Felices Festas e próspero Ano Novo para todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario