17 de dec. de 2019

FORMACIÓN

Presentación do Curso “Cociña creativa con produtos locais” dentro do Itinerario Formativo “Coas Mans na Masa” 

O mércores, 18 de decembro, ás 12:00 horas, no Pazo de Santa Teresa


Infogauda / Redondela

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio do GDR 14, presenta este mércores 18 de decembro, ás 12:00 horas, no Pazo de Santa Teresa, en Redondela, o seu curso “Cociña creativa con produtos locais”, dentro do Itinerario formativo “Coas Mans na Masa”, da Escola Eurural creada no ano 2017 por esta entidade.

 Trátase dun curso formativo que se impartirá nos concellos de Nigrán, Tomiño, O Porriño e Redondela e está destinado a persoas profesionais da hostalería de todo o territorio do GDR 14 (Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar). A acción formativa pretende poñer a disposición das persoas que traballan na hostalería novas fórmulas de aproveitar o produto local que se produce do territorio dun xeito creativo e de calidade, mellorando así a oferta gastronómica e a promocións dos produtos de cercanía. Cada acción está organizada para un total de 15 participantes e a inscrición poderá realizarse a través da web www.eurural.org.

 Asistirán: Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño; Juan González, alcalde de Nigrán; Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela; representantes de concellos que pertencen ao territorio do GDR 14, e onde se van a celebrar as accións formativas Cociña creativa con produtos locais” da Escola Eurural, dentro do Itinerario “Coas Mans na Masa”. Tamén asistirá o reputado chef galego Iván Méndez, que exercerá de docente nos cursos.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario