17 de dec. de 2019

LABORAL

NOVA XORNADA DE PROTESTA EN BARRERAS

Para reclamar unha solución urxente para a grave crise que atravesa o estaleiro

Traballadores/as da empresa e delegados/as sindicais da federación de Industria desenvolveron unha concentración ás portas do estaleiro
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG-Industria de Vigo mobilizouse hoxe de novo diante de Barreras para reclamar unha solución urxente para a grave crise que atravesa o estaleiro, para o que sería necesario unha implicación real da Xunta.  

 Traballadores/as da empresa e delegados/as sindicais da federación de Industria desenvolveron unha concentración ás portas do estaleiro, onde despregaron unha faixa reivindicando o mantemento da actividade industrial e berraron consignas demandando unha solución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario