17 de dec. de 2019

A GUARDA

Con motivos de inspiración mariñeira 

Once asociacións guardesas decoran a vila  neste Nadal
 
Reportaxe fotográfica: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, visitaron na mañá deste martes día 17 de decembro diferentes espazos da localidade, decorados na acción “Decora o teu Nadal 2019-20”,  na que participaron un total de 11 asociacións guardesas, que con variados motivos de inspiración mariñeira, seguindo a proposta desta edición, axudaron a engalanar o noso pobo.



 

 A concelleira de Cultura, amosou o seu agradecemento a todos estes colectivos pola súa implicación nas diferentes actividades que se realizan na vila ao longo do ano e, especialmente, na súa participación en “Decora o teu Nadal 2019-20”, onde quedou de manifesto o seu bo facer e compromiso co pobo onde levan a cabo a súa actividade, destacando a orixinalidade e beleza da decoración, realizada, na súa meirande parte, con material de refugallo. 
   




 


  





 Pola súa banda o alcalde destacou que esta colaboración foi esencial para poder contar na Guarda cunha decoración de Nadal, feita con moito traballo, esmero e cariño por parte dos diferentes colectivos involucrados, 11 en total: Avelaiña, ASCD TransMiño, Coiro Vello, Coro Arpegios Cantábile, Fundación Las Samaritanas, Mulleres Progresistas,  Piueiro, San Xerome, Studio 88, Vento Mareiro e Xamaraina.  


 
 En nome do Concello de A Guarda o alcalde e a concelleira de Cultura fixeron entrega tamén duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas este Nadal na Guarda.  

 Dentro da Campaña de Nadal, dende o Concello lembran que as fotos do Nadal teñen premio, cun sorteo de puntos para a pista de patinaxe sobre xeo entre todos os que compartan as súas fotos coas etiquetas #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas redes sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario