O Concello informa da instalación dunha nova esfera para o reloxo público da Praza da vila
A nova esfera do reloxo público municipal loce na Torre do Reló
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Confirmando á información que publicamos o pasado día 3 deste mes neste xornal dixital transfronteirizo, o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, fixo público no día de hoxe martes 10 de decembro de 2019, que "o Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites.
Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda, supervisou persoalmente ás características da nova esfera do reloxo, antes da súa instalación na Torre do Reló
A nova esfera resulta tamén máis vistosa coas delimitacións das horas, un deseño baseado no antigo reló de 1928.
Os traballos demoráronse algo máis do previsto posto que se tivo que retirar a vella esfera, estragada polo paso do tempo, e levala a Vigo, onde a empresa Pagan encargouse de facer unha nova coas mesmas medidas, para despois proceder á súa instalación.
Nunha futura actuación preténdese recuperar tamén a antiga maquinaria interna, fora xa de servizo, para por en valor este elemento patrimonial da vila guardesa".
O RELOXO PÚBLICO MUNICIPAL NA HEMEROTECA DE INFOGAUDA
O RELOXO PÚBLICO "PARALIZADO" DESDE FAI ALGÚN TEMPO
A esfera do reloxo da Praza do Reló vai ser reparada
O RELOXO DA PRAZA DA VILA LOCE NOVA ESFERA E NOVO CERQUIÑO
O RELOXO PÚBLICO MUNICIPAL NA HEMEROTECA DE INFOGAUDA
O RELOXO PÚBLICO "PARALIZADO" DESDE FAI ALGÚN TEMPO
A esfera do reloxo da Praza do Reló vai ser reparada
O RELOXO DA PRAZA DA VILA LOCE NOVA ESFERA E NOVO CERQUIÑO
Ningún comentario:
Publicar un comentario