CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN Á SUPRESIÓN DO CABLEADO AÉREO
Nas imaxes pódense apreciar algúns dos moitos exemplos de cableados de empresas suministradoras de enerxía eléctrica, servizos telefónicos e TV por cabo, que afectan tantos á propiedades particulares como a bens municipais
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda
Infogauda / A Guarda
A inercia e o costumismo, semellan estar instalados nas nosas vidas, contra á vontade dos veciños (léase contribuíntes), e aos que - agás excepcións moi contadas - non se lles pediu permiso para ancorar nas fachadas das súas propiedades, os noxentos - e en moitos casos, pesados - cableados que xeran innumerables quebrantos de todo tipo e non poucas molestias aos afectados.
En pleno século XXI non hai porqué aturar ningún tipo de abusos. É utilizar ás fachadas dos veciños para sumistrar un servizo polo que se paga, é un claro abuso. E ao mesmo tempo é tamén, boa proba de un feísmo que debera sonroxar a quen correspondería, por permitir que ano tras ano, esa realidade sexa tan evidente como é, e que os veciños do concello de A Guarda sexan - a todas luces -, visiblemente afectados.
En pleno século XXI non hai porqué aturar ningún tipo de abusos. É utilizar ás fachadas dos veciños para sumistrar un servizo polo que se paga, é un claro abuso. E ao mesmo tempo é tamén, boa proba de un feísmo que debera sonroxar a quen correspondería, por permitir que ano tras ano, esa realidade sexa tan evidente como é, e que os veciños do concello de A Guarda sexan - a todas luces -, visiblemente afectados.
En relación a esa problemática que semella ter raíces moi profundas, pero que en todo caso non teñen porqué ser eternas, xa que hai alternativas para erradicar esa situación viciada - que en moitos casos provén incluso da etapa de privación de libertades que houbo no noso país -, e que á veciñanza sofre desde fai varias décadas; o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, ven de presentar no Concello de A Guarda, á seguinte proposta:
REGULACIÓN DO CABLEADO AÉREO
Celso R. Fariñas, Concelleiro-Portavoz do Grupo de CONVERXENCIA GALEGA, ven a presentar para o seu debate e aprobación si procede no vindeiro Pleno Municipal a seguinte MOCION:
Basta dar un paseo polas rúas do concello, da igual no casco urbano como no rural, para poder comprobar que unha boa parte da línea eléctrica de baixa tensión, teléfono ou fibra óptica non se atopa debidamente soterrada, senón que polo contrario, ou penden das fachadas dos veciños, postos instalados de calquer maneira, ou nalgúns sitios nas farolas e báculos do alumeado público.
O dito anteriormente é de coñecemento do Grupo de Goberno Municipal, xa que en moitas ocasións, tanto CONVERXENCIA GALEGA e os demáis grupos políticos teñen presentado mocións e queixas sobre este mesmo asunto. Pero ademáis, é un feito que moitas veces os propios veciños teñen posto de manifesto, e que, por haberse convertido nunha cuestión casi normalizada ou nunha imaxe a que xa estamos acostumados, non se ten feito nada por cambiar, non importa que haxa unha orde da obligatoriedade de que nas zonas urbáns está prohibido facer instalación aéreas, as empresas saben que non vai pasar nada, xa que os responsables políticos e do Departamento de Urbanismo non van a facer control e mirarán para outro lado. (salvo que se trate das súas vivendas).
Un percorrido polo lugar que se queira, atoparemos beirarrúas destrozadas por colocar donde lles peta un poste, tapando unha ventana, bloqueando tramos de circulación peonil, etc., conlevando que logo cando hai queixas, a modificación se faga, pasamos meses sin contemplar que iso mesmo está tamén noutros puntos a poucos metros do lugar.
O colgado de rollos de cable nas fachadas é unha cousa normal, ata que o propietario da vivenda se queixa ou denuncia as rachaduras da parede e a entrada de auga ou humidade.
Tal é así a situación, que non fai falta desplazarse moito, un simple paseo polas proximidades do concello, donde temos todo tipo de modelos e de tódolos servizos.
O do cableado aéreo é unha imaxe a que nos fomos acostumando e na que non se fixo nada por cambiar. Calquer rúa que foi arranxada nos últimos anos, neste aspecto non se diferencia moito das anteriores. Feixes de cables cruzando dunha fachada a outra cada poucos metros o que fai que a contaminación visual resulte altísima ademáis do perigo que isto representa si acontece algunha avería ou algún cable rompe sobre a estrada ou a beirarrúa.
Este Concello non pode seguir permitindo que as empresas de telefonía nin eléctricas fagan uso da fachada das vivendas, locais, privados ou públicos, e nembargantes aos propietarios e mesmo ao Concello non se lle solicita permiso (moitas das veces os veciños teñen tido problemas con algunas subcontratas que actúan con prepotencia e nepotismo), non se lles ofrece unha contraprestación e o que é máis grave, non se cuida a estética, clavando e perforando as fachadas por donde lles peta.
En moitos lugares, con normativas actualizadas, modernas e con sentido, xa se está traballando na necesidade de evitar tanto cableado solto polas fachadas ou cruzando as vías públicas, que é antiestético, que emporca e agrede visualmente e xenera contaminación.
Isto é o que pretendemos en A Guarda, que se escomence a ollar cara o futuro, que demos os pasos para adaptarnos ao século XXI, é por elo que presentamos a consideración do PLENO a adopción da seguinte, PROPOSTA DE ACORDO:
PRIMEIRO.- Solicitude de informe xurídico da lexislación e normativa aplicable para solventar a problemática do cableado aéreo.
SEGUNDO.- Elaboración dun Informe Urbanístico sobre a situación actual na nosa localidade sobre este asunto.
TERCEIRO.- Cerrar convenios de colaboración cas distintas empresas implicadas para dar inicio o soterramento do cableado, consensuando un calendario para dar comenzo dita actuación polas rúas principais do casco urbán e do rúas, ata completar un mapa que abarque a toda vila.
CUARTO.- Que a Concellalía de Vías e Obras actúe sinalando e inventariando todo o cableado municipal ou de particulares que se atope ancorado nas farolas, edificios ou espazos públicos municipais sin consentimento expreso do concello.
QUINTO – Elaborar unha ordenanza municipal actualizada a normativa e lexislación vixente, para evitar o cableado aéreo en obra nova.
SEXTO.- Dar cuenta, por parte do Equipo de Gobierno, do cumplimento do anteriormente exposto ou do estado de tramitación en que se atope na sesión ordinaria que se celebre despois da aprobación deste acordo.
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario