O RELOXO PÚBLICO "PARALIZADO" DESDE FAI ALGÚN TEMPO
Vista parcial da Praza do Reló - Imaxe de arquivo: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O actual reloxo municipal ubicado desde fai anos na Torre do Reló - como á cidadanía guardesa adoita denomina-la desde mediados do século XVI, debido o reloxo público nela instalado -, leva algún tempo inactivo. Non temos constancia da data exacta en que deixou de medi-lo tempo. Do que sí temos referencia directa, e que leva varios días sen funcionar.
Compre salientar que no seu intre - ano 1899 - o benemérito guardés José Manuel Andreini Verde (A Guarda, 1850 - New York, 1932), doara un novo reloxo que con certeza sustituiría o que o longo de moitos anos viñera cumplindo o cometido de sinalar as horas, e que o longo de moitas décadas cumpliu eficazmente coa súa función.
O reloxo doado polo devandito emigrante guardés - que a pesares de haber deixado no pobo de A Guarda innumerables mostras do seu altruismo e xenerosidade, conta coa rúa máis curta en lembranza da súa memoria - foi sustituido xa fai algún tempo. De tal xeito que desde fai uns cantos anos, fóille encomendada á Reloxería Pagan, a reconstrucción da esfera, traballo que os profisionais desa firma reloxeira viguesa levaron a bo termo a partires de fotografías antigas e anacos da vella esfera. Asemade, a instancias do Concello de A Guarda, a devandita empresa suministrou un novo reloxo, que e o que desde fai anos está instalado na Torre do Reló, e que como decimos leva sen funcionar varios días. Así está, marcando ás 09:43 - ou ás 21:43, dependendo obviamente do intre en que deixara de funcionar - o que non deixa de ser toda unha metáfora da parálise que - en diversos ámbitos da vida cotiá - sofre o pobo de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario