3 de nov. de 2019

TUI

Canón do río Mao (Ribeira Sacra)

A saída en bus será o sábado 23 de novembro ás 07:00 horas, desde a rúa Ourense, ao carón do aparcamento da Área Panorámica



Canón do río Mao


Club Andatui Regodapedra / Tui

 O sábado 23 de novembro volveremos o concello ourensán de Parada de Sil para realizar a ruta do Canón do río Mao (PR-G 177), posiblemente a ruta máis bonita da Ribeira Sacra.  

 As pasarelas do río Mao permítenos adentrarnos no relevo abrupto do canón que foi excavando o río Mao antes de desembocar no río Sil. Atoparémonos cunha maravillosa paisaxe e vexetación, así como distintos paneis didácticos/explicativos da fauna e flora da Ribeira Sacra.  

 Neste sendeiro duns 17 quilómetros, con dificultade alta e unha duración aproximada de 7 horas, camiñaremos polas pasarelas de madeira, desde as que gozaremos dunhas vistas do canón e val do río Mao espectaculares. Coñeceremos a ponte medieval de Conceliñas, e visitaremos a capela e necrópole de san Vítor de Barxacova, conxunto arqueolóxico medieval de obrigada visita.  

 Podedes facervos unha idea da beleza da paisaxe nos seguintes vídeos: pasarelas de madeira, canón e val do río Mao, necrópole de san Vítor de Barxacova, Ribeira Sacra.  

 Datos a ter en conta:      

 Sairemos en bus desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, ás 07:00 horas e regresaremos sobre ás 20:00 horas.     

Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.     

É preciso facer inscrición, máximo 40 prazas.    

Prezo: 10€ a ingresar no Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717  

 MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.  

 Non inscribiremos a nadie si non recibimos no noso correo electrónico, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.  

 En caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato). 

 Formulario de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario