22 de nov. de 2019

GOIÁN (TOMIÑO)

Tres variedades, tres cores, unha soa planta: así é a camelia  Three  Sisters 

Viveiros Río Tollo: “Foron catro anos de traballo para desenvolver un produto único que consegue a maridaxe perfecta entre exemplares que crecen e florecen de forma parella conformando unha planta equilibrada e brindando un auténtico espectáculo de cor (...)”. 

 Na imaxe un exemplar da camelia Three  Sisters 
Foto: Río Tollo


Infogauda / Goián (Tomiño)

 O traballo constante e a aposta pola innovación son dous dos sinais de identidade da empresa Viveiros Río Tollo, de Goián que agora chega ao mercado cun novo produto que sorprenderá e namorará aos amantes das  camellias. É a Three  Sisters unha nova e apaixonante composición de camelia capaz de combinar nunha única planta tres variedades con tres cores de flores distintas, todo dunha forma totalmente harmonizada. Tres variedades diferentes que se adaptan perfectamente a unha á outra e que dá como resultado unha soa planta coa que encher de cores terrazas e xardíns”, afirman os técnicos desa empresa tomiñesa.  

 En decraracións a este xornal dixital transfronteirizo, desde Río Tollo afirman: Foron catro anos de traballo para desenvolver un produto único que consegue a maridaxe perfecta entre exemplares que crecen e florecen de forma parella conformando unha planta equilibrada e brindando un auténtico espectáculo de cor. Con  Three  Sisters poñemos ao dispor do público unha camellia cun altísimo valor ornamental grazas á súa abundante floración e cunha alta resistencia a pragas e enfermidades, o que a converten nunha planta imprescindible.  

 Tras 20 anos de crecemento constante, en Río Tollo seguimos traballando día a día para ofrecer aos nosos clientes novos e espectaculares produtos, apostando sempre polo I+D+i e pola máxima calidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario