11 de nov. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

O ATLETA ÁLEX SIERPES PEREIRA “VOA” NO CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA 2019 

E FAISE COA VICTORIA, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO 

Álex Sierpes Pereira - no centro da imaxe -, do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, acadou a medalla de ouro na categoría Sub12 masculina no XVI Cros Internacional de Atapuerca


Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega / Deportes

 Este sábado pasado, día 9 de novembro, celebrouse en Burgos, o XVI Cros Internacional de Atapuerca, que daría o pistoletazo de saída á tempada invernal do circuíto de campo a través. Nese evento deportivo, que tivo lugar no circuíto do parque arqueolóxico, participaron os atletas máis destacados do ámbito nacional e internacional, dado que está considerada pola Real Federación Española de Atletismo como a primeira de todas as probas do calendario español de Campo a través, tamén recoñecida pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAFF), como á mellor proba do mundo de campo a través do circuíto mundial World Athletics. 

 Este ano houbo máis de 6.000 atletas participantes nun total de 19 probas, con presenza de 350 clubs de 16 nacionalidades diferentes.

Álex Sierpes Pereira, do club Sociedade Atlética do Trega


 Cumpríronse os prognósticos da climatoloxía, cun día moi duro, marcado polo frío e a choiva. Das 19 probas, o noso pequeno atleta Álex Sierpes Pereira, do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, participou na categoría Sub12 masculina, correndo unha distancia de 1.600 metros, facéndose cunha clara vitoria unha vez máis, onde impuxo un forte ritmo de carreira desde principio a fin, sendo o dominador da proba, subindo ao primeiro caixón do podio.

 
Algúns dos atletas da Sociedade Atlética do Trega que participaron no XVI Cros Internacional de Atapuerca, con dous dos seus adestradores

 Apuntar tamén que Álex Sierpes foi o máis destacado do club, pero lembrade que a Sociedade Atlética do Trega, tamén estivo representada polos seus compañeiros como: Marcela Morgado Rodríguez, posto 38º; Uxía Rodríguez Hortas, 82ª; Christian Sierpes Pereira, 41º; Elisa Morgado Rodríguez, 53ª; Lara Rodríguez Martínez, 150ª; Carla Rocha Bautista, 233ª, Lara Álvarez Fernández, 307ª, Paula Lago Sánchez, 74ª; e Paula Rocha Bautista, 75ª.

Ningún comentario:

Publicar un comentario