11 de nov. de 2019

O BAIXO MIÑO

A Mancomunidade do Baixo Miño convoca unha praza interina de condutor/a 

O prazo para presentar as solicitudes é até o 25 de novembro, nos concellos de Tui, O Rosal, A Guarda ou Tomiño  
 


Infogauda / O Baixo Miño

 No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra deste luns, 11 de novembro de 2019, saíu publicado o anuncio da convocatoria dunha praza de condutor/a interino/a e a creación dunha bolsa de emprego para futuras coberturas temporais na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.  

 O prazo para presentar as solicitudes son 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación no BOPPO (é dicir, até o 25 de novembro).  

 As solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos rexistros xerais dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, ou en calquera das súas respectivas sedes electrónicas.  

 O resto das publicacións respecto deste proceso selectivo, realizaranse a través da páxina web do Concello de Tomiño (tomino.gal).  

 Nos seguintes enlaces poden consultarse as bases completas e os modelos de solicitude e de autobaremo:  



Ningún comentario:

Publicar un comentario