FÚTBOL
A Guarda acollerá un Curso de Adestradores Nacional C UEFA
No
acto de presentación participaron o alcalde de A Guarda, a alcaldesa do Rosal, a concelleira de
Deportes de A Guarda, o concelleiro de
Deportes do Rosal, o director da Escola
Galega de Adestradores da RFGF, o vicepresidente da
Federación Galega de Fútbol, o presidente do Sporting
Guardés, o coordinador da Escola no Baixo
Miño e demais convidados.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), presentou no mediodía deste luns día 11 de novembro, na Casa dos Alonso, o Curso de Adestradores Nacional C, que terá lugar en A Guarda a partires do 25 de novembro.
No acto de presentación participaron o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís; a concelleira de Deportes de A Guarda, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; o concelleiro de Deportes do Rosal, Germán Fernández Rodríguez; o director da Escola Galega de Adestradores da RFGF, Iván Cancela; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias; o presidente do Sporting Guardés, Víctor Manuel Lomba González; o coordinador da Escola no Baixo Miño, José Luís Mosquera, e demais convidados.
A actividade que vaise realizar na Guarda e o Curso de Adestradores de nivel C UEFA, que permite adestrar a todos os equipos de fútbol das categorías base e de 3ª rexional, titulación mínima esixida, e que poden facer todas as persoas interesadas sempre e cando teñan máis de 16 anos e que teñan a titulación mínima esixida, ESO ou equivalente.
Este curso chega a nosa vila a petición da xunta directiva do Clube Sporting Guardés, pero esténdese tamén aos concellos limítrofes, polo que todas ás persoas interesadas poden inscribirse ata o 25 de novembro a través da web da Federación Galega de Fúbtol www.futgal.es no apartado de adestradores. O curso ten un custo de 200€, reembolsables no caso de que o alumno realice a posteriori o Curso de Adestradores de nivel UEFA B.
Dende o Concello de A Guarda animan aos interesados a participar neste curso, de cara á profesionalización e formación das persoas que traballan cos deportistas da vila, favorecendo a aposta polos valores na práctica deportiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario