29 de nov. de 2019

A GUARDA

1 de decembro, Día Mundial do VIH/SIDA  

Estaremos na Praza Avelino Vicente de 10:00 a 14:00 h. 
     

Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a mañá do vindeiro domingo 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 h. estaremos informando e sensibilizando sobre o VIH/Sida na Praza Avelino Vicente (onde atópase á réplica do As de Copas) en A Guarda, conxuntamente coa recén creada Asociación LGBTI+ Trans Miño. Repartiremos preservativos, como único método que prevé a enfermidade, lazos vermellos, xogos e outras actividades (aprazarase en caso de choiva).  

 Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “As comunidades marcan a diferenza”. Trátase dun día fundamental dentro das accións que estas Asociacións levan a cabo brindando unha oportunidade importante para recoñecer o papel que as comunidades desempeñaron e continúan desempeñando na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.  

 O liderado destas organizacións, que están integradas por educadores de iguais, persoas afectadas polo VIH, colectivos homosexuais, persoas transxénero, xente xoven,... respaldan que non se baixe a garda neste aspecto tan relevante para a saúde das persoas. Ademais, atopámonos nun momento en que o reducido orzamento e os poucos espazos adicados a estas cuestións fan peligrar a sostenibilidade dos servizos e dos esforzos para defendelos. É preciso que as comunidades se movilicen máis para garantir que o sida continue presente na axenda política, que os dereitos humanos se respeten e que quenes toman as decisións e as poñen en práctica asuman as súas responsabilidades.  

 Animamos a todas as persoas a participar nesta xornada e, tamén ao longo de todo o ano, recordando a importancia da educación, da prevención e da sensibilización nesta área que inflúe moi directamente na vida das persoas.  

 Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 614 417 / 640 086 376.

Ningún comentario:

Publicar un comentario