Andaina pola Ecovía do río Vez
O domingo 3 de novembro
Club Andatui Rego da Pedra / Tui
O domingo 3 de novembro desplazarémonos ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovía do río Vez.
Camiñaremos sobre 22 quilómetros da Ecovía do río Vez, partindo desde a freguesía de Sistelo (elixida como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e clasificados os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural) ata Arcos de Valdevez.
Nesta ruta, que discorre paralela o río Vez, camiñaremos polas pasarelas de madeira de Sistelo e desfrutaremos dunhas paisaxes espectaculares, como podedes comprobar nos seguintes vídeos:
Datos a ter en conta:
· Sairemos desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, ás 07:30 horas e regresaremos sobre ás 19:00 horas.
· Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.
· É preciso facer inscrición, máximo 40 prazas.
· Prezo: 10€ a ingresar no Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.
Non inscribiremos a nadie si non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
Ningún comentario:
Publicar un comentario