22 de out. de 2019

TOMIÑO

A Eurocidade organiza unha xornada do programa “Deporte para todas as persoas” no parque do Castelinho 

A inscrición, de balde, pode facerse até o día 24. Haberá xogos tradicionais, paseos e aula de Pilates 

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha xornada deportiva no marco do programa “Deporte para todas as persoas”
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha xornada deportiva no marco do programa “Deporte para todas as persoas”, con xogos deportivos e tradicionais, andaina curta (paseo) e aula de Pilates. Será o vindeiro domingo, 27 de outubro, no Parque do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) de 10 a 13 horas (hora galega).  

 Para participar na xornada “Deporte e Amizade”, é recomendable inscribirse previamente en geral.manos.sa@gmail.com ata o 24 de outubro, sendo a actividade totalmente de balde.     

 “Deporte para todas as persoas” é un programa de actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en equipamentos dos dous concellos, e que inclúe tres variedades de actividades: piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e  práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira.  

 Máis de 400 persoas teñen participado neste programa, iniciado en setembro de 2018, e que xa organizou tamén dúas andainas transfronteirizas.  

 Estas actividades deportivas que convidan aos veciños e veciñas dos dous municipios a compartir prácticas saudables, forman parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario