O CONCELLO ORGANIZA O CURSO DE FORMACIÓN DE PERSOAS ADULTAS 2019/2020, CO FIN DE PREPARAR AO ALUMNADO PARA OBTER O GRADUADO DA ESO
E PREPARAR
AO ALUMNADO PARA OBTER O GRADUADO DA ESO POR LIBRE, PREPARAR A PROBA DE
ACCESO A CICLOS MEDIOS E AS DE COMPETENCIAS CLAVE
As p·ersoas interesadas poderán inscribirse no rexistro municipal a partir do 24 de outubro e até o 30 deste mes
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño organiza o curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, a proba de acceso a ciclos medios e as de competencias clave.
Os requisitos para a inscrición no curso serán:
· Ter cumpridos os 16 anos.
Terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Tomiño, e as persoas que asistan ao mesmo por primeira vez.
Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do próximo mes de maio será necesario:
· Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia no curso 2019/2020.
· Ter cumpridos os 18 anos antes do día da proba por libre para obter o título da ESO.
As persoas interesadas, poderán inscribirse entre os días 24 e 30 de outubro (ata as 13:00 horas) de 2019, presentando de maneira presencial ou electrónica (a través da Sede electrónica na web tomino.gal) no rexistro do Concello o modelo de inscrición cuberto que se pode descargar da web municipal tomino.gal, xunto cunha fotocopia do DNI.
Durante o curso, as clases terán lugar dous días na semana (martes e xoves) 3 horas cada día, en horario a determinar. Os prezos mensuais das clases que inclúen tamén o material didáctico, serán os seguintes:
·Para persoas cos tres ámbitos pendentes 30€/mes.
·Para persoas con dous ámbitos pendentes 20€/mes.
·Para persoas cun ámbito pendente 15€.
Ademais, o alumnado poderá acceder ás gravacións de voz das clases a través de internet, etc.
A actividade formativa non se levará a cabo se non se acada un número mínimo de 10 persoas inscritas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario