14 de out. de 2019

LABORAL

PREVISIÓNS DA CIG - VIGO 

PARA ESTE MARTES DÍA 15 DE OUTUBRO DE 2019


 CIG / Vigo

 Estas son as previsións da CIG de Vigo para este martes día 15:   

10:30 horas: concentración coincidindo co xuízo contra Carlos Martínez Lamosa, responsábel de Transportes da FGAMT-CIG de Vigo, que será xulgado por supostamente ter realizado unha pintada durante o conflito polo convenio de ambulancias. A vista oral celébrase no Xulgado de Instrución número 2 a partir das 11:45 horas. 

19:00 horas: a CIG de Vigo convoca unha asemblea aberta a todos/as os traballadores/as para abordar a grave crise que atravesa a industria, un sector fundamental para a economía e o emprego da comarca. No encontro, que terá lugar no local do sindicato na cidade (rúa Gregorio Espino, 47), tatarase en especial a sitación do naval (Barreras, Vulcano e industria auxiliar).

Ningún comentario:

Publicar un comentario