11 de out. de 2019

A GUARDA

Actividades para conmemorar o Día da Biblioteca

Arrancan o venres 18 de outubro, ás 18:00 horas, cun Contacontos ilustrado de Mulleres Galegas



Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda organiza 4 actividades para conmemorar este ano o día da Biblioteca, que se celebra cada ano o 24 de outubro.   

 As actividades programadas arrancan o venres 18 de outubro cun Contacontos ilustrado de Mulleres Galegas, seguido do Contacontos «Unha Árbore vén a vernos» do luns día 21, a actividade «Bibliotecas para mudar o mundo» do xoves día 24 e, xa para rematar, un obradoiro de creación de teatros de papel, que terá lugar o sábado 26 de outubro.  

 O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro. Na primeira actividade do 18 de outubro Na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, celebramos este importante día con actividades de animación á lectura durante o mes de outubro co “Contacontos ilustrado Mulleres Galegas” a cargo de Polo Correo do Vento. Dun xeito divertido e participativo contan a vida de mulleres galegas: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Ernestina Otero, María Victoria Moreno e Ángela Ruiz. Un contacontos indicado para nenos e nenas a partir de 3 anos e enmarcado no programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia. 

Programación

Luns 21
“Unha árbore vén a vernos" (Contos para abrazar ás árbores). Anxo Avelino (Carballo con Botas). Ás 18:00 h. 

Xoves 24 
“Bibliotecas para mudar o cambio climático”. Efervesciencia. Ás 18:00 h. 

Sábado 26 
“Obradoiro de creación de teatros de papel”. Juste Kamishibai, Papel e Teatro. Ás 11:30 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario