16 de out. de 2019

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA UNHA SOLUCIÓN Á PROBLEMÁTICA DO TRÁFICO NA RÚA CORUÑA 

Antes de ter que lamentar accidentes na mesma

A herba invade a beirarrúa "virtual", obrigando os peóns a camiñar pola estrada
Para saír dalgúns garaxes, teñen que actuar dúas persoas, xa que na saída dos mesmos non existen espellos
Fotos: C.G. 

Infogauda / A Guarda

  A Agrupación de Converxencia Galega, de A Guarda ven de pronunciarse unha vez máis sobre á rúa Coruña, afirmando:
  
 Xa en diversos plenos vimos manifestando a problemática de tráfico da rúa Coruña, sin que dende o concello, e menos o Departamento de Tráfico, do Bi-Goberno (PSOE-BNG), tomaran ningunha medida para evitar que teñamos en calquer momento un accidente grave, xa que como se pode ver nas imaxes: 

1.-  A herba invade a beirarrúa "virtual", obrigando os peóns a camiñar pola estrada. 
2.- A estreita curva dese vial na que malamente poden pasar dous vehículos á vez, o que xa ten ocasionado máis dunha bronca entre conductores 
3.- A velocidade dalgúns irresponsables, sin que, tendo coñecemento o concello, non puxeran reductores e sinalización nesa zona.  
4.- Para saír dalgúns garaxes, teñen que actuar dúas persoas, xa que na saída dos mesmos non existen espellos, e mentres un corta o tráfico, o outro manexa o coche sen perigo.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA vimos a solicitar, que de maneira urxente, se tomen as medidas oportunas para resolver esta problemática do tráfico na rúa Coruña, antes de ter que lamentar accidentes na mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario