Polo Proxecto de reformulación do tramo PO-350-Goián, VAC Tui-A Guarda e mellora de Seguridade Vial
Os Socialistas de Tomiño queren facer público o seu apoio a un grupo de afectados en Soutelo (Goián)
Socialistas de Tomiño
As e os Socialistas de Tomiño, queren facer público o seu apoio a un grupo de afectados/as en Soutelo (Goián), polo proxecto de reformulación do tramo PO-350-Goián, VAC Tui-A Guarda e mellora de Seguridade Vial. Este proxecto perxudica gravemente a un número elevado de empresas e/ou entidades, ao deixalos sin posibilidade de acceso ós seus lugares de traballo pola nova carretera, creándose un vial de servicio que lles permitiría a entrada pero non a saída, co cual veríanse forzados a sair, ou ben por Goián, imposible tal e como está na actualidade esa interseción (cruce) ou ben por Figueiró, que dada a intención do goberno municipal de peatonalización e /o humanización da praza do Telleiro, resultaría absolutamente inviable.
Facémonos eco tamén do malestar que existe nestes afectados pola pouca disposición do Concello a colaborar con eles, pola pouca transparencia exercida neste proceso e pola falta de empatía ao non ter unha posición firme e pública apoiando as suas alegacións. A falta de transparencia e democracia deste Goberno Municipal é abraiante.
A Lei 7/1985 do 2 de Abril, reguladora das bases do réxime local, di claramente que os Concellos cunha poboación entre 5.001 e 20.000 habitantes ten a obriga de celebrar pleno ordinario cada dous meses. O último pleno, extraordinario e urxente, celebrouse o 27 de Xuño. A premura estaba en empezar a cobrar adicacións e asistencias a comisións canto antes claro está, pero o certo é que o goberno nacionalista de Tomiño a día de hoxe, está incumprindo a lei.
A Agrupación Socialista de Tomiño quere aproveitar esta ocasión para felicitar as Festas da Nosa Señora do Alivio a todos e todas as tomiñesas. Gustaríanos telo feito dende un faldón publicitario no xornal, pagado por todas e todos nos, porque cremos que sería o axeitado e oportuno, dado que incluirá unha páxina especial adicada as festas, pero sorprendentemente fomos vetados nese espazo. Semella que para este goberno coa Alcaldesa ao frente, os/as 1.037 veciños e veciñas que respaldaron o proxecto do PSdeG-PSOE en Tomiño, non son tomiñeses/as de pleno dereito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario