Festival Moteiro Eurocidade
· Celebrarase na fin de semana do 20 ao 22 de setembro
· Extensa programación para todas as idades con atraccións, exhibicións, roteiros, concertos,...
Infogauda / Tui
A cidade de Tui prepárase para unha fin de semana cargada de actividades coa celebración do Festival Moteiro Eurocidade que se celebrará nas antigas instalacións da Can-fran do 20 ao 22 de setembro baixo a organización do Motoclub “Os de Sempre Tui”.
O evento, de entrada gratuíta, contará entre os seus puntos fortes con concertos, festival de DJ´s, ampla oferta gastronómica, exhibicións de acrobacias de Placido stunt 666 (coa súa Harley Davidson) e Tania72 (piloto de R3), exposición de vehículos, atraccións e animación infantil, feira de artesanía, ambientación musical con charangas, zona de acampada para os asistentes, roteiro desafío, entre outros.
PROGRAMACIÓN
VENRES 20
As actividades programadas arrincan na xornada do venres día 20 de setembro ás 19:00 horas coa apertura do recinto e ás 20:00 horas empezarase coa inscrición de moteiros, que terá un custo de 25€, para os que queiran comer e cear co cátering da organización.
A partir das 22:00 horas terán lugar os concertos de rock a cargo dos grupos RMS e Versión Beta. Continuará a noite coa primeira noite do Tui Fest, un festival de DJ´s con animación e gogós, no que se contará coa participación de The Happiness Frequency, Djane Percy+MC Barbarella Vocal, Juan Alcaraz, DJ Charlie, Dani Villa, Rodri Veigas, Krash e Gabri Domínguez.
SÁBADO 21
Na xornada do sábado día 21 de setembro contarase ao longo do día coa Escola de Pilotos Jorge Lorenzo Competición, cos seus novos pilotos.
A partir das 11:30 horas terá lugar a saída do Roteiro para coñecer a comarca realizando un paseo en moto.
Ás 16:30 horas realizarase a primeira actividade co acróbata Plácido 666 coa súa Harley Davidson.
Ás 17:30 horas realizarase un segundo roteiro en moto para coñecer a comarca.
Ás 20:00 horas a piloto de R3 Tania72 demostrará aos asistentes a súa destreza sobre as dúas rodas nunha exhibición moi interesante.
Ás 23:00 horas realizarase a segunda actividade co acróbata Plácido 666 coa súa Harley Davidson.
Continuará a noite sobre as 23:00 h coa segunda noite do Tui Fest, un festival de DJ´s con animación e gogós, no que se contará coa participación de The Happiness Frequency: Djane Percy+ MC Barbarella Vocal, Juan Alcaraz, DJ Charlie, Dani Villa, Rodri Veigas, Krash e Gabri Domínguez.
Ás 24:00 horas terá lugar o concerto rock tributo a AC/ DC, onde os asistentes poderán escoitar as mellores versións deste mítico grupo de culto do rock, interpretados pola banda tributo ASI/SI.
DOMINGO 22
Na xornada do domingo día 22 de maio realizarase a bendición de motos antes de tomar a saída para o Roteiro Desafío que terá lugar ás 11:30 horas.
O Roteiro Desafío é unha actividade de orientación e aventura na que cada participante terá que utilizar un mapa para cubrir as 6 casas, facéndose fotos para recibir un premio final á foto con máis interacción.
Ao longo da mañá contarase con amenización musical con charangas, animación e unha comida popular na que se ofertará churrasco, polbo, bocadillos, entre outros.
Finalizará a xornada cun concerto acústico a cargo do grupo El Patio a partir das 22:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario