Festas das Mercedes
Do 14 ao 24 de setembro, 2019
Infogauda / A Gándara
A Asociación de Veciños O Percamino organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.
A programación para o sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00 horas dende A Proba ata A Bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.
Pola noite do sábado, a partires das 21:00 horas na Praza dos Seixiños terá lugar o XIX Serán organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito.
Na xornada do domingo día 15 de setembro, ás 17:00 horas, celebrarase o II Concurso degustación de repostería e tortillas con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e ás 20:00h terá lugar a actuación teatro musical de «A chavola de Coiro Vello».
A programación de festexos na Gándara continuará a vindeira fin de semana coa XXXIII Festa da Zorza e a XIX Carreira Pedestre Julia Vaquero, ademais de unha ampla programación con actuacións musicais, verbenas, xogos populares, entre outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario