REUNIÓN DA ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE TRÁFICO E SEGURIDADE DO ROSAL CO SUBTENENTE DA GARDA CIVIL DO POSTO DA GUARDA
Infogauda / O Rosal
A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Germán Fernández Rodríguez, mantiveron unha reunión co subtenente da Garda Civil do posto de A Guarda.
Na mesma trataron dúas cuestións. A seguridade no Concello en relación cos roubos no municipio e cuestións relacionadas coa mobilidade, o tráfico e os excesos de velocidade detectados pola veciñanza nalgunhas estradas do ámbito xeográfico do Concello.
En ambos casos, nos roubos e na problemática da velocidade é importante a colaboración veciñal.
Así que, desde o Concello queren aproveitar para trasladar á veciñanza que calquera actitude sospeitosa ou neglixente sexa posta en coñecemento e se colabore coa Garda Civil.
“A minimización de cuestións coma os excesos de velocidade cunha perspectiva de futuro pasan por traballar nunha maior concienciación social e educación vial ó respecto”, afirma a alcaldesa.
De xeito acordado co subtenente, desde o Concello trasladarase unha relación das estradas secundarias nas que se detecta problemática coa velocidade.
Por outra banda, trasladaránselle á subdelegación do goberno aquelas cuestións do seu ámbito competencial.
Por último, o goberno local quere agradecer a boa disposición e colaboración amosada pola Garda Civil de A Guarda e o seu subtenente Eligio Rivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario